Obxectivo, crear polémica

Aumenta o meu pesimismo cando leo ou escoito a necesidade que teñen as institucións públicas de crear unha falsa sociedade igualitaria, minguando o seu campo ao xénero. Están moi ben certas iniciativas, pero… por que obvian tódalas demais causas de desigualdade?

“Tus propuestas”  é un espazo no que a cidadanía pode deixar propostas en materia de igualdade. A maioría dos participantes mostran a súa disconformidade en materia laboral…Que está pasando? Lévannos machacado dende fai anos con este tema… e segue sendo un dos problemas clave? O “ideal” de sociedade igualitaria que nos inculcaron non é posible? Estaremos nunha historia quixotesca da que non sabemos como librarnos?

O nivel de analfabetismo en India é do 51,7% para as mulleres e  o 29,8% para os homes, é este o país apropiado para realizar a mostra deste estudio? Diñeiro malgastado …a moreas.

Deberían barallar a posibilidade de vir a España, para facer un análise da alta preparación da nosa xuventude e da taxa emigratoria -en busca de oportunidades do traballo que aquí non atopan.- Poucas esperanzas deberían ter a nova tanda de futuros profesionais da avogacía no mercado laboral… Sobre todo co prototipo da foto, un pouco «pasado de moda». (Se vivise en Galicia, non tería moitas oportunidades de lucir a mini-saia).

Compartir

Tamara G. Lema

Ha dirigido el desarrollo del universo "Calcetin(e)s". Actualmente compagina su participación en Máscaras con un nuevo proyecto personal.