Outra, de area

¿A quén vai dirixida A Axenda Cidadana de Ciencia e Innovación? ¿Cómo están a Sensibilizar? ¿Cales son os beneficios? ¿Quén vai a executar estes retos?, e, ¿Cando van a comezar?

Vivimos na sociedade do individualismo e egoísmo, na que o procomún non debe existir e, na que impera un futuro restrictivo e propietario.

Afirmar que: “a busca do coñecemento para avanzar conxuntamente é un dos piares da cultura europea” e que as debilidades e desafíos de Europa van a ser pescudadas a través da creatividade, a innovación ou o espírito emprendedor é unha verdade moi relativa, pero da que agora non imos a afondar, xa que prefiro centrarme nas mulleres que participaron na Axenda.

En 2009, Tendencias 21 informábanos que “só o 30% do persoal científico europeo son mulleres“, o que aplicado aos participantes da Axenda, daría 4,2 mulleres. É dicir, no 2010 conseguiuse un 0,8 máis de muller científica!

Pero ao mellor aínda estaba por chegar cos resultados das votacións, o reto máis valorado foi o da empresaria pioneira dos mercados enerxéticos, Paulina Beato, cun 14% dos votos e respalada no 4º lugarpor Margarita Salas cun 9%! Cabe mencionar, que o 2º e 3º lugar o ocupan dous españois, Rafael Matesanz e Javier Tejada. Será, que  para chegar á Ciencia, ¿Hai que recorrer o camiño da con-ciencia?.

Na web do CSIC, no apartado de Mulleres e Ciencia indícannos que aumentou o número de:

–    Profesoras de investigación, que acada o 22% e se aproxima ao obxectivo de acadar o 25% ao rematar 2010

–    Investigadoras científicas, que chegan ao 32% e se aproxima a media da plantilla, que é o 34%

–    Científicas titulares, que superan a barreira do 40%

Datos moi alentadores pero “pouco importantes” para que Europa os destaque. De todos xeitos, segue sendo preocupante que 85% dos Premios Nobel de Ciencias os gañen persoas que investigan en Estados Unidos, “e cuxas procedencias soen ser doutros países”.

Comments are closed.